martes, 22 de abril de 2008

Ni a ESO

J.Fernandez
Localidad: Boiro
Fecha de publicacion: Jueves 17 de abril de 2008

Quixeralle responder a M.Nieto da Coruña que deixou un comentario un tanto absurdo cunhas bases tan nulas como a súa maneira de expresarse.

O español en Galiza impuxose totalmente polas guerras que houbo entre a nobreza galega e a de Castela. Evidentemente, daquela o galego tan só era falado pola xente do pobo, dado que a nobreza, clero e demáis clases asentadas usaban o español pola súa invasión. Pidese o uso do galego, non só porque sexa o idioma de Galicia, senón porque é o idioma máis antigo que se fala hoxe en día no territorio. Se vostede quer, ensínelle ós cativos o latín, o suevo, e non sei que outros idiomas dixo máis.

Claro que agora se fala o galego, e sobretodo en La Coru, porque na Coru xa nunca fostes moi galegos que se diga, pois o idioma non o sabedes nin falar nin escribir. A parte de todo isto, eu non son nin do bloque nin galeguista nin nada, simplemente compredo o que pasa, e cando me pasaba coma tí, que non entendía nada, pois documenteime para falar dun tema tan delicado como é o idioma dos galegos, e non o do resto da xente que tira unha riqueza inmensa que temos na nosa cultura(por certo distinta da do resto de españa).

Espero que antes de falar deste tema, a xente tome un pouco de precaucións e non diga as cousas por dicir. Sen máis. Un saúdo!

No hay comentarios: